miércoles, 18 de junio de 2008

IMPREVISTO!!!

Hoxe á tarde-noite démonos conta de que a folla de procesos aínda non estaba finalizada (ou mellor dito, olvidáramonos por completo da existencia deste apartado dentro do traballo). Pero o problema foi rapidamente solucionado, e xa a temos feita. Esta folla de procesos probabelmente non sexa entregada en papel como o resto do traballo, senón que quizais a entreguemos nun pen-drive.
Por outra parte, xa realizamos as vistas que nos quedaban polo que... ACABAMOS!!
Ah, e queremos agradecer a colaboración de todos aqueles que participaron nos inquéritos

ACABAMOS (ou case)

Tras unha tarde máis de traballo, onte (martes) deixamos o traballo practicamente finalizado. O único que nos quedaba ao acabar o día era acabar as vistas.

martes, 17 de junio de 2008

Domingo pasado


Este pasado domingo tivo lugar a nosa segunda reunión para a realización de este maldito traballo que nos ten fartos (grrrrr, brruskt). Os avances acadados foron a elaboración do proceso de construción, co que o anteproxeco quedou practicamente finalizado. Ademais tamén se acabou de elaborar o croquis.
Un día de duro traballo

domingo, 15 de junio de 2008

Onte tivo lugar a nosa primeira reunión paradar comezo á memoria do noso proxecto. Os adiantos conseguidos até agora foron a elaboración dun croquis (a mao) do alzado da nosa maqueta. Ademais redactamos algúns puntos do anteproxecto, coma os obxetivos a cumprir, as
solucións aos problemas que se nos presentaron e o desenvolbemento da opción escollida.

jueves, 12 de junio de 2008

Cambio de planos

Xa que, polo visto, o tempo non é suficiente para realizar a parte práctica do proxecto, vámonos centrar, como o resto dos grupos, na elaboración da na parte teórica: a memoria. O obxectivo desta memoria sería que alguén puidera construir a maqueta do traballo sen máis indicacións que as dadas axustándose á idea que nós temos en mente. Iremos poñendo os nosos progresos no blog
Por outra parte, un dos pontos do traballo xa está cumprido: os catro do grupo xa sabemos como manexar un blog perfeitamente.

jueves, 29 de mayo de 2008

XA ESTAMOS AQUÍ

Como podedes ver, xa cumprimos a primeira parte do traballo: o noso blog está creado.
Este vídeo mostra unha idea aproximada do que temos pensado construír: unha maqueta do motor dun coche de catro cilindros.